O 14 de abril de 2000, durante o mandato do socialista Jesús Esteban, o Pleno do Consello Comarcal aprobou a bandeira oficial de O Bierzo. Este feito histórico viño precedido dun intenso debate na clase política e no resto da sociedade berciana. Existían tres propostas: a branquiazul bercianista, a representada pola Cruz de San Andrés e a que integraba as dúas opcións.

Para chegar a este punto, o Consello Comarcal realizou unha consulta previa aos concellos. Primeiro fíxoo por escrito e posteriormente reuniu aos alcaldes e alcaldesas o 1 de abril do 2000 na Casa da Cutura de Ponferrada. Dos trinta rexedores que asistiron, dezaseis votaron a favor da bandeira integradora, oito elixiron a representada pola Cruz de San Andrés e un optou pola bercianista. Cinco alcaldes abstivéronse.

O 11 de xullo de 2000 produciuse o primeiro izado de bandeira no Concello de Peranzanes, con Jesús Esteban como presidente do Consello Comarcal e Vicente Fernández como alcalde. Vinte anos despois, a bandeira ondea en todos os concellos da Comarca e é un símbolo para o pobo berciano.