REXISTRO DE ASOCIACIÓNS

O Consello Comarcal dispón dun rexistro propio de asociacións, destinado a aquelas que se constitúan na comarca.
Para rexistrarse é necesario entregar os seguintes documentos:

    • Estatutos da asociación.
    • Número de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións e noutros rexistros públicos.
    • Nome das persoas que ocupan cargos directivos.
    • Domicilio social.
    • Presuposto do ano en curso.
    • Programa de actividades do ano en curso.
    • Certificación do número de socios e socias.

As asociacións rexistradas no Rexistro Comarcal poden optar ás subvencións que anualmente concede o Consello Comarcal de O Bierzo.

DESCARGA DE ARQUIVOS

Fai clic no botón do cartafol (arriba) para descargar o documento: (en formato PDF/PDF – idioma castelán)
“Instancia solicitude Rexistro de Asociacións”.