Calcúlase que 11 millóns de españois e españolas conviven cun can e que deles, polo menos 7 millóns viaxan unha vez ao ano coa súa mascota, xerando un negocio de 10.000 millóns de euros. Son os datos achegados polo presidente do Consello Comarcal, Gerardo Álvarez Courel, na presentación do novo vídeo promocional turístico do Bierzo, na que participaron o presidente da Asociación de Propiertarios e Amigos dos Cans e a concelleira de cultura de Ponferrada.

Ademais da presentación do vídeo, o Consello Comarcal ha colaborado noutras ocasións coa asociación. Álvarez Courel mencionou a ligazón no portal web de Turismo do Bierzo para consultar os recursos turísticos e os establecementos comerciais que permiten a entrada de cans e o folleto informativo que leva ás feiras Fitur e Intur. Actuacións que foron claves para que O Bierzo fose elixido como o segundo mellor destino turístico para viaxar con can nos premios Travelguau.