A Domus de Carucedo acollerá os días 10 e 11 de abril visitas teatralizadas a cargo da compañía Dinamia Teatro. A actividade cultural pretende dar unha valor engadido a quen visite As Medulas.
O Consello Comarcal volverá abrir a Domus de Carucedo en Semana Santa. Será os días 10 e 11 de abril para albergar as visitas teatralizadas que realizará a compañía Dinamia Teatro. O seu director, Miguel Ángel Fernández, e a guionista Tatyana Galán estiveron este martes no Consello Comarcal para presentar ‘O plan de Vesta’, unha obra coa que pretenden entreter e ensinar dunha maneira amena a historia das Medulas.
O presidente do Consello Comarcal, Gerardo Álvarez Courel, e a conselleira comarcal de Turismo, Alicia García, explicaron que a apertura o ano pasado grazas ao programa Berizum III confirmou o interese por coñecer este recurso turístico. Doutra banda, a obra de teatro representada pola asociación Bergidum Flavium en outubro con motivo do Día da Romanidad foi un éxito. Estes son os motivos que impulsaron a procura dun uso para a Domus que, segundo o presidente comarcal, “estivo demasiado tempo pechado debido á falta de recursos enconómicos e de persoal para poder mantela aberta”.
Haberá dous pases cada día, ás 11:30 e ás 12:45 horas. As prazas serán limitadas a 40 ó 45 por pase. As entradas terán un prezo simbólico de 2 euros e poderanse adquirir na web Bierzo Teatralmente.