OUTROS ÓRGANOS DO CONSELLO

VICEPRESIDENCIA

A función será substituír na totalidade das súas funcións e, pola orde do seu nomeamento, o presidente ou presidenta, nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite para o exercicio das súas atribucións.

ASEMBLEA DE EDÍS

A Asemblea de Edís que se creou coa última reforma da Lei da comarca, aprobada en 2010, reúne representantes de cada un dos municipios que integran a comarca.

Asemblea de Edís é o órgano de participación de todos os alcaldes e alcaldesas da comarca no Consello Comarcal de O Bierzo.

Informará sobre aquelas propostas que sexan de interese para os municipios, antes de sometelas á aprobación do Pleno comarcal.

Asemblea de Edís poderá formular peticións e suxestións e propoñer iniciativas sobre temas de competencia comarcal.

En todo caso, debe emitir informe previo sobre as seguintes cuestións:

  • A aprobación do programa de actuación comarcal ou da súa modificación.
  • A aprobación do regulamento orgánico e das ordenanzas, excepto as de contido fiscal.
  • Os acordos sobre a creación e o establecemento dos servizos comarcais.
  • Os plans sectoriais comarcais.
  • A modificación dos límites comarcais.
  • O cambio de nome ou de capital da comarca.
  • As iniciativas lexislativas do Consello Comarcal.
  • A conversión dunha competencia municipal en comarcal.
  • Cando o programa de actuación ou unha norma de rango legal o estableza.

COMISIÓNS INFORMATIVAS

Teñen por función o estudo, informe e consulta dos asuntos que haxan de ser sometidos á consideración do Pleno.

ASUNTOS XERAIS E FACENDA

Terá por función o estudo, informe e consulta dos asuntos que deban ser sometidos á consideración do Pleno e da Xunta de Goberno, cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo cando haxa que adoptar acordos declarados urxentes. Tamén informará sobre aqueles asuntos que a Presidencia ou a Xunta de Goberno sometan ao seu coñecemento por expresa decisión dos devanditos órganos.

DEREITOS SOCIAIS

Acción social, atención a drogodependentes, menores e protección á infancia, igualdade e aquelas materias relacionadas coa área.

ESPECIAL DE CONTAS

Exercerá as competencias que a normativa aplicable lle asigna a este órgano, entre elas o exame, estudo e informe de todas as contas presupostarias e extrapresupostarias que deba aprobar o Pleno do Consello (ROF, art. 126).
w

XUNTA DE COORDINACIÓN

A Xunta de Coordinación é un órgano asesor que canaliza a comunicación entre o Presidente, a Xunta de Goberno e os conselleiros e conselleiras que teñen delegacións de Presidencia.

FUNCIÓNS
Seguimento, asesoramento, coordinación e control de actividades administrativas da competencia de varias áreas.
Recibir información sobre a xestión do Consello Comarcal nas materias correspondentes ás delegacións dos seis titulares e asesora e informar en relación con estas.

XUNTA DE PORTAVOCES

A Xunta de Portavoces é un órgano deliberante e consultivo, está presidida polo Presidente e integrada polos portavoces dos grupos políticos con representación no Consello Comarcal. É un órgano de consenso.