A programación está formada por unha ducia de seminarios web ( webinars) e dous talleres dixitais organizados en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios. As primeiras accións desenvolveranse a próxima semana. Son un webinar para aprender a elaborar un videocurrículum o luns, 25 de maio; outro sobre violencia de xénero, o martes 26, e o terceiro sobre servizos educativos en rede, o xoves 28. Cada un terá unha duración dunha hora.

O resto das accións formativas celebraranse en xuño, entre elas dous talleres dixitais de seis horas. Ambos se enmarcan dentro do programa Dixitalizadas, destinado á adquisición de competencias dixitais das mulleres no ámbito rural. O primeiro taller centrarase na procura de emprego e impartirase entre o 1 e e 3 de xuño. O segundo será sobre emprendemento e desenvolverase entre o 8 e o 10 de xuño.

Os temas que se tratarán no resto de seminarios web serán ferramentas de comunicación, portais de procura de emprego, a marca nas redes, ferramentas de traballo colaborativo, tecnoadicciones, Google Suite, Moodle, ferramentas de markéting e servizos educativos en rede.

Todas as actividades formativas son gratuítas e contan con 20 prazas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse e ampliar a información sobre datas e horarios na área de formación de portal Tusitio. org.