O presidente do Consello Comarcal, Gerardo Álvarez Courel, ha resolvido esta mañá suspender con carácter xeral toda a actividade desenvolvida pola institución, con excepción da que lle corresponda ao persoal que se estime estritamente necesario para garantir a coordinación e prestación dos servizos comarcais.
A decisión tómase con motivo da aprobación do Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma en España e atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias. Segundo explicou o presidente, “o obxectivo é preservar a saúde tanto dos empregados e empregadas públicos como das persoas dos distintos servizos”.
O Centro de Atención a Drogodependentes ( CAD) será un dos servizos que continuará co réxime de traballo establecido. O resto dos traballadores e traballadoras deberán permanecer nos seus domicilios atendendo durante a xornada laboral ás indicacións ou traballos que se lles encomenden. Para iso, desde a institución, facilitarase o teletraballo.
O Consello Comarcal lembra á cidadanía que o estado de alarma interrompe os prazos para a tramitación dos procedementos das administracións públicas, renovándose o cómputo no momento en que perda a súa vixencia o Real Decreto.
Doutra banda, poderanse realizar trámites a través da web www.ccbierzo.com e habilítanse o número de teléfono 987409669 e a dirección de correo presidencia@ccbierzo.com para calquera outra xestión.