A desescalada comezará o sábado 2 de maio. Desde ese día, o Goberno permitirá o desprazamento aos hortos familiares dedicados ao autoconsumo. É unha das medidas anunciadas este martes polo presidente Pedro Sánchez.
Os hortos terán que estar no mesmo termo municipal do domicilio ou nun limítrofe, adaptándose as precaucións de seguridade e distanciamento social.