Desde a institución comarcal lémbrase que, fóra de servizos como o CAD ou Protección Civil, a atención cidadá séguense prestando de forma telemática. Un exemplo é a Axencia de Colocación que durante estes días atende a empresas que prestan servizos esenciais e que necesitan de forma urxente ampliar o seu persoal como, por exemplo, farmacias, supermercados, empresas de transporte, panaderías,…
A Axencia de Colocación comarcal é un servizo gratuíto de intermediación laboral que ten a finalidade de proporcionar ás persoas traballadoras un emprego adecuado ás súas características e facilitar ao empregador as persoas traballadoras máis apropiadas para cubrir as súas ofertas de emprego.
Aquelas empresas que teñan necesidades de persoal poden escribir a empleo@ccbierzo.com e a Axencia de Colocación do Consello enviaralles unha listaxe de candidatos e candidatas que cumpran os requisitos e máis se axusten ao perfil profesional buscado. Na actualidade, a bolsa de emprego comarcal conta con máis de 16.000 persoas rexistradas.
Doutra banda, as persoas que busquen emprego poden consultar as ofertas e inscribirse para participar nos procesos de selección no portal Tusitio. org. O Servizo de Iniciativas Emprendedoras ( SIE) tamén continúa co seu labor de asesoramento a emprendedores e emprendedoras. Neste caso, as persoas interesadas deben escribir ao correo electrónico sie-pae@ccbierzo.com