ACCESIBILIDADE

Consello Comarcal de O Bierzo
ccbierzo.net é un portal de información e servizos públicos para os cidadáns e cidadás que son ou que residen na Comarca de O Bierzo.
info@ccbierzo.com
O Consejo Comarcal ten o seu domicilio oficial na Avenida da Minería s/n, 3 (Edificio Minero). 24402 Ponferrada (León)

Este portal desenvolvido polo Consejo Comarcal ten a vocación de converterse nunha canle de comunicación accesible e universal para toda a cidadanía.
Por este motivo, utilizáronse nas súas construción as medidas e criterios que a continuación se expoñen e que facilitan que as persoas usuarias obteñan coa menor dificultade posible a información e os servizos que poñemos á súa disposición.


1. USABILIDADE WEB

Usabilidade significa colocar no centro do deseño e na estruturación de contidos as necesidades das persoas usuarias. Pretende que estes realicen as diferentes tarefas dispoñibles con eficacia, eficiencia, rapidez, facilidade e satisfacción.
Para conseguir este obxectivo tivéronse en conta as opinións dos usuarios e usuarias aos que se lles realizaron test reais con navegación no fogar.

2. ACCESIBILIDADE WEB

Consiste en lle facilitar o acceso á web ao maior número das persoas usuarias posible, independentemente das súas características (capacidades/limitacións, hardware, software, comunicacións etc.).
Para iso a web traballouse tendo en conta os seguintes estándares:

2.1. CSS.

O deseño realizouse baixo a recomendación do W3C sobre as follas de estilo en cadoiro (CSS). Se o navegador ou dispositivo de navegación non soporta follas de estilo, o contido da web segue sendo totalmente lexible grazas ao seu marcado estrutural.

2.2. WAI-AAA.

Este sitio web foi deseñado e programado seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/wai), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles para todos.
Para analizar a accesibilidade de portal utilizouse o test de accesibilidade web (TAW). O portal cumpre a prioridade 3 (nivel de accesibilidade tripla A).

3. MEDIDAS ADOPTADAS SOBRE USABILIDADE E ACCESIBILIDADE

ccbierzo.net

  • Orde lóxica e estandarizada de presentación dos elementos en pantalla.
  • Sistema de navegación simplificado fácil de aprender e usar.
  • Navegación, deseño e estrutura visual coherente e consistente en toda a web.
  • Marcaxe da localización (“Inicio ->”).
  • Texto descritivo das imaxes.
  • Navegación mediante o tabulador.
  • Optimizada para 1280 x 900 px.
  • Utilización de tamaños relativos dos textos.
  • Compatibilidade co maior número de navegadores posible e en diferentes plataformas.

4. COMO CAMBIAR O TAMAÑO DO TEXTO

Se desexa aumentar ou diminuír o tamaño da presentación, pode facelo:

  • mediante o teclado:
    • Internet Explorer: pulsando a tecla ctrl e utilizando a rodiña do rato.
    • Netscape, Mozilla Firefox:
      • tecla ctrl + tecla ‘+’ para aumentar
      • tecla ctrl + tecla ‘-‘ para diminuír
    • Safari (APPLE):
      tecla cmd + tecla ‘+’ para aumentar
      tecla cmd + tecla ‘-‘ para diminuír