A listaxe de recursos aos que poden acudir as vítimas de violencia de xénero atópase dispoñible na área de Igualdade de Tusitio. org, o portal web desenvolto polo Consello Comarcal para ofrecer información e servizos de emprego, empresas, formación, mocidade e igualdade.
A sección conta con información e unha recompilación de todos os servizos existentes tanto na súa contorna máis próxima como aqueles que poñen á súa disposición as administracións provincial, autonómica e estatal.
Entre os recursos dispoñibles, atópase un acceso á Guía de actuación para mulleres que estean a sufrir violencia de xénero en situación de permanecia domiciliada derivada do estado de alarma por COVID-19, elaborada polo Ministerio de Igualdade. Tamén hai información máis específica dirixida ao colectivo de mulleres xordas ou con outras discapacidades.
O obxectivo é que as mulleres que sofren violencia de xénero poidan acceder de forma rápida e sinxela a todos os recursos existentes para aliviar a súa situación.
A ligazón para acceder ao contido aquí.