MEDIO AMBIENTE

Coidado da contorna para un desenvolvemento sustentable.

O Consello Comarcal actúa con este servizo en áreas moi importantes do medio natural e desenvolve proxectos comprometidos coa sustentabilidade da comarca.

Marca CcBierzo

ÁREAS DE ACTUACIÓN

DELEGACIÓN EN MEDIO AMBIENTE

O Decreto 55/2005, do 14 de xullo, delega na Comarca de O Bierzo as funcións de contratación e a dirección técnica dos proxectos financiados pola Administración rexional nas liñas de repoboación forestal, tratamentos silvícolas, prevención de incendios forestais e adecuacións recreativas.

BRIGADAS DE PERSOAL

O Consejo Comarcal contrata temporalmente persoal propio para a prevención, vixilancia e extinción de incendios forestais.Tamén se dispón dunha brigada permanente que realiza traballos silvícolas preventivos nas zonas pertencentes á Rede de Espazos Naturais e centra gran parte da súa actividade no Espazo Protexido das Medulas.

CONSERVACIÓN DE ARBOREDOS SINGULARES

O Consello Comarcal, a Fundación Xeral da Universidade de León e da Empresa (FXULEM) e a Asociación A Morteiraasinaron o 17 de novembro de 2005 o acordo de colaboración. Debido a que O Bierzo é unha das zonas con maior biodiversidade botánica da Unión Europea e de que a cantidade de exemplares botánicos que polas súas características excepcionais de tipo científico, histórico, cultural e social presentan un valor de interese local, fíxose imprescindible a realización dun inventario de todas as árbores e arboredos cun interese especial por considerarse únicos.

PROXECTO CAMIÑOS NATURAIS

Desenvolveuse a través do Ministerio de Medio Ambiente. A finalidade foi darlles un uso alternativo aos camiños existentes na comarca (vías pecuarias, estradas abandonadas, camiños históricos…) nos que caeu en desuso a finalidade coa que foron creados.

CONTACTO MEDIO AMBIENTE

Sede do Consello Comarcal
Planta terceira
medioambiente@ccbierzo.com