Portelo Único
O Consejo Comarcal del Bierzo forma parte da Rede de Oficinas Integradas de Atención á Cidadanía, o que configura o seu rexistro como oficina de contacto.
Admítese a presentación de solicitudes, escritos ou comunicacións dirixidos a:
-
- Os órganos da Administración xeral do Estado.
- Administración da Comunidade Autónoma de Castela e León.
- Entidades de dereito público vinculadas ou dependentes daquelas, con independencia da súa localización.
Non se admitirán os escritos dirixidos aos seguintes órganos do Estado e entidades, ao non estar incluídos no ámbito de aplicación do convenio:
-
- Administracións doutras comunidades autónomas que non sexan Castela e León.
- Entidades locais (deputacións, concello etc.).
- Universidades (excepto a UNED)
- Cortes Xerais, Tribunal Constitucional e Consello Xeral do Poder Xudicial.
- Defensor do Pobo e Tribunal de Contas.
- Órganos xurisdicionais (xulgados e tribunais).
- Rexistros Civil, Mercantil e da Propiedade.
O servizo non ten custo ningún para as persoas que o utilicen.