PRESIDENCIA

Saúdo de benvida do presidente do Consello Comarcal de O Bierzo

Como presidente do Consello Comarcal de O Bierzo, quero darlles a benvida a este espazo, onde poderán consultar os servizos que esta institución lle presta á cidadanía berciana e aos seus 38 municipios. Estes servizos comprenden un amplo abano de ámbitos: asuntos sociais eambientais, asistencia a concellos e xuntas veciñais e promoción turística, entre outros. Todos eles constitúen asuntosde grande importancia para a nosa comarca e, polo tanto, na lexislatura que agora comeza, tentaremos melloralos e amplialos tanto o equipo de goberno do Consello como as restantes forzas políticas que o compoñen.

A comarca de O Bierzo créase e regúlase na Lei 1/1991, do 14 de marzo de 1991. É a única comarca recoñecida como tal despois da aprobación do Estatuto de autonomía de Castela e León en 1983 e, desde entón, o Consello Comarcal foi a institución que representa a identidade berciana, ese sentimento que une a quen nacemos nesta terra, e que contaxia a quen nos visita e a quen, sen nacer en O Bierzo, vive aquí. A nosa comarca atesoura historia, tradicións e características xeográficas, económicas e sociais que a fan singular e que lle fixeron ser valedora de posuír personalidade administrativa propia.

Na miña man, e no de toda a corporación que teño a grande honra de presidir, está lograr que todos os bercianos e bercianas aprecien e valoren a importancia deste feito e sexan coñecedores dos servizos tan importantes que presta a entidade.

Esta páxina web ofrece a actualidade política e administrativa do Consello Comarcal, achega ferramentas novas para os usuarios e usuarias e tamén ligazóns a varios portais específicos de Turismo e ao do Banco de Terras de O Bierzo, que animo a visitar con detemento.

Doulles a benvida a este espazo virtual e desexo que cumpra todas as súas necesidades de información. Nós traballamos día a día para tratar de cumprir ese obxectivo.

 

Gerardo Álvarez Courel
Presidente do Consello Comarcal de O Bierzo